Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 206

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos de encargado/a de quenda de celadores do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Convocada por Resolución do 12 de xullo de 2013 (DOG núm. 149, do 6 agosto), a provisión de dous postos de encargado/a de quenda de celadores do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de encargado/a de quenda de celadores do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, convocado por Resolución do 12 de xullo de 2013 (DOG núm.149, do 6 de agosto).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Os aspirantes nomeados obterán un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra a presente resolución, que non pon fin a vía administrativa conforme Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG núm. 135, do 12 de xullo) de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo que será a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación , de conformidade co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.

Lugo, 10 de decembro de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: encargado/a de quenda de celadores do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Grupo de clasificación: AP.

Nº de vacantes: 2.

Nome e apelidos: María Yolanda Piñeiro Busto.

DNI: 33313159-M

Nome e apelidos: Carlos Ramón Martínez.

DNI: 35123593-V.