Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 190

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para a promoción e comercialización do destino Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, crédito orzamentario 125.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para o promoción e comercialización do destino Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO
Subvencións a axencias de viaxe para o promoción e comercialización
do destino Galicia

Beneficiario

Descrición da actuación

Importe da subvención

Viajes Zonda, S.L.

Promoción e comercialización de paquetes turísticos: paquete de 10 noites: o Camiño do Norte en familia; paquete de 12 noites: o Camiño Francés en familia

3.171,00 €

Viajes Illa de Ons

Promoción e comercialización Galicia Incógnita

31.531,50 €

Buján y Alvárez, S.L.

Promoción e comercialización do destino Galicia. Produto Viatlántica

4.580,00 €

Tee Travel, S.L.

Promoción e comercialización do destino Galicia

7.509,36 €

Viajes Mundo Galaico

Paquetes turísticos cos produtos cabeceiras de marca. Viaxe cultural cidades Norte España, gran circuíto España verde, paquetes desde A Coruña, experiencias en Mondoñedo, experiencias na Ribeira Sacra; paquete especial denominacións de orixe

3.129,60 €

Viajes Luamar, S.A.

Promoción e comercialización do destino Galicia: proxecto experiencias proactivas de Galicia: paquete 1: termalismo, golf e enogastronomía; paquete 2: experiencia mariña e cultural da camelia e paquete 3: bosques de Galicia

21.280,00 €

Viajes Fisterra, S.L.

Programa descubre Galicia 2013: natureza-termalismo-enogastronomía-mar-patrimonio-santuarios-Camiño de Santiago englobados nos paquetes turísticos: Camiño de Santiago, Galicia gastronómico, Galicia enoturismo e saúde e Galicia saúde e beleza

28.347,11 €

Bives Tour, S.A.

Galicia un mundo de experiencias. Creación de novos paquetes: paquete 1: mananciais de Galicia (termalismo) e paquete 2: golf

18.095,00 €

La Toja Travel, S.L.

Creación do catálogo turístico para Galicia e a España verde

5.670,00 €