Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 312

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de exposición pública.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés o orzamento xeral para o exercicio económico de 2014, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría desta mancomunidade, polo prazo de quince días hábiles –que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia–, co fin de que durante este poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao oresidente desta mancomunidade.

Paradela, 27 de decembro de 2013

José Manuel Mato Díaz
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos
do Camiño Francés