Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 211

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/2013).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 363/2013 seguido por instancia de Verde y Neutro, S.L. fronte a José Martínez Godoy, María Luisa Fernández Meijome, Comunidade Hereditaria de Antonio Fernández Vázquez e Comunidade Hereditaria de Elisa Gutiérrez Fernández ditouse sentenza, cuxo teor literal dos antecedentes de feito é o seguinte:

Primeiro. O 30 de maio de 2013 o procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Verde y Neutro, S.L., presentou demanda de xuízo ordinario fronte a José Martínez Godoy, María Luisa Fernández Meijome, a Comunidade Hereditaria de Antonio Fernández Vázquez e a Comunidade Hereditaria de Elisa Gutiérrez Hernández, na cal, tras alegar os feitos en que basea a súa pretensión e os fundamentos que considera aplicables, remata solicitando que se dite sentenza pola que se declare:

1. Que nin José Martínez Godoy, nin María Luisa Fernández Meijome, nin a Comunidade de Herdeiros de Antonio Fernández Vázquez, nin a Comunidade de Herdeiros de Elisa Gutiérrez Hernández son propietarios en parte ou en proporción ningunha, nin son titulares de dereito ningún sobre o predio rexistral nº 10.120 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela e, en particular, en canto á parte indivisa de 3/11 partes, inscritas a nome de Verde y Neutro, S.L. e de José Martínez Godoy e a súa esposa María Luisa Fernández Meijome, que se corresponden coas prazas de garaxe números 1, 4 e 5, sendo a entidade demandante titular do pleno dominio do 100 % de 3/11 partes do predio rexistral indicado.

2. Que nin José Martínez Godoy, nin María Luisa Fernández Meijome, nin a Comunidade de Herdeiros de Antonio Fernández Vázquez, nin a Comunidade de Herdeiros de Elisa Gutiérrez Hernández son propietarios de parte ningunha, nin son titulares de dereito ningún sobre o predio rexistral nº 5.067 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, sendo a entidade demandante titular do pleno dominio do 100 % do indicado predio.

3. Que se condenen os demandados a estar e pasar por tal declaración e, na súa consecuencia, se proceda á cancelación de todas as inscricións e demais asentos e anotacións rexistrais que contradigan aquela declaración, debendo figurar integramente inscritas a nome da demandante, dispoñéndose o necesario para iso.

4. Con imposición de custas aos demandados se se opuxeren.

Segundo. O 10 de xullo de 2012 foi admitida a trámite a demanda, con emprazamento dos demandados.

Terceiro. O 3 de setembro de 2013, o procurador José Paz Montero, en nome e representación de José Martínez Godoy e María Luisa Fernández Meijome, presentou escrito manifestando achandarse totalmente ás pretensións contidas na demanda, e ditouse auto de aplanamento parcial o 3 de setembro de 2013 co contido que figura nos autos.

Cuarto. O día 12 de novembro de 2013 procedeuse á celebración da audiencia previa, na cal a parte demandante se ratificou no escrito de demanda e propuxo proba documental que foi admitida, quedando os autos vistos para sentenza tras a formulación de conclusións.

E cuxo teor literal do ditame é o seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Verde y Neutro, S.L. contra José Martínez Godoy, María Luisa Fernández Meijome, a Comunidade Hereditaria de Antonio Fernández Vázquez e a Comunidade Hereditaria de Elisa Gutiérrez Hernández e, en consecuencia:

1. Declaro que nin a Comunidade de Herdeiros de Antonio Fernández Vázquez nin a Comunidade de Herdeiros de Elisa Gutiérrez Hernández son propietarios en parte ou en proporción ningunha, nin son titulares de dereito ningún sobre o predio rexistral nº 10.120 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela e, en particular, en canto á parte indivisa de 3/11 partes, inscritas a nome de Verde y Neutro, S.L. e de José Martínez Godoy e a súa esposa María Luisa Fernández Meijome, que se corresponden coas prazas de garaxe números 1, 4 e 5, sendo a entidade demandante titular do pleno dominio do 100 % de 3/11 partes do predio rexistral indicado.

2. Declaro que nin a Comunidade de Herdeiros de Antonio Fernández Vázquez nin a Comunidade de Herdeiros de Elisa Gutiérrez Hernández son propietarias de parte ningunha, nin son titulares de dereito ningún sobre o predio rexistral nº 5.067 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, sendo a entidade demandante titular do pleno dominio do 100 % do indicado predio.

3. Condeno os demandados a estar e pasar por tal declaración e a que se proceda á cancelación de todas as inscricións e demais asentos e anotacións rexistrais que contradigan aquela declaración, debendo figurar integramente inscritas a nome da demandante, dispoñéndose o necesario para iso.

4. En canto ás custas procesuais non ten lugar á súa imposición respecto dos demandados Sr. Martínez Godoy e Sra. Fernández Meijome, e impóñense estas ás comunidades hereditarias demandadas.

E encontrándose os devanditos demandados, Comunidade Hereditaria de Antonio Fernández Vázquez e Comunidade Hereditaria de Elisa Gutiérrez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2013

A secretaria xudicial