Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación de cemiterio.

A Asociación de Veciños O Campanario de Trobe, representada por Jesús Otero Barros en calidade de presidente, solicitou desta alcaldía licenza municipal de actividade para apertura e funcionamento de ampliación de cemiterio en San Andrés de Trobe, e licenza de obras, e cumprindo o disposto polo artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, e o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou as observacións que consideren oportunas.

Vedra, 5 de decembro de 2013

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde