A Xunta de Goberno Local do Concello de Monterrei, na sesión que tivo lugar o día 11 de decembro de 2013, aprobou o prego de condicións administrativas e de condicións técnicas para o contrato de xestión e mantemento das instalacións eléctricas municipais e iluminación pública, por procedemento aberto, concurso, coas seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
Concello de Monterrei.
Teléfono: 988 41 80 02. Fax: 988 42 57 00.
2. Obxecto do contrato.
Contrato de xestión e mantemento das instalacións eléctricas municipais e iluminación pública.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Fíxase o tipo de licitación máximo en 154.664,43 € por ano (IVE incluído). O importe máximo polos catros anos de contrato é de 618.657,72 €.
5. Obtención da documentación e información.
Concello de Monterrei, r/ Fontiñas, núm. 2, CP 32618.
Teléfono: 988 41 80 02. Fax: 988 42 57 00.
6. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: 30 días naturais a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día é sábado ou inhábil, rematará o primeiro día hábil posterior.
Documentación que integrará as ofertas: a que figura no prego de condicións.
Lugar de presentación: Concello de Monterrei.
7. Apertura das ofertas.
O acto de apertura das ofertas terá lugar o día seguinte hábil ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, ás 10.00 horas.
8. Criterios de adxudicación.
Os que figuran no anexo I do prego de condicións.
Monterrei, 11 de decembro de 2013
José Luis Suárez Conde
Alcalde