Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto con pluralidade de criterios, do servizo consistente na realización dos traballos de auditoría de contas das axencias do sector público de Galicia.

A Consellería de Facenda anuncia a contratación, por procedemento aberto con pluralidade de criterios, do servizo consistente na realización dos traballos de auditoría de contas das axencias do sector público de Galicia.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: 08/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: consiste na realización dos traballos de auditoría de contas relativas ás actuacións executadas polas axencias do sector público de Galicia (Agadic, Gain, AGI, Aturga, Atriga e Amtega).

c) Lotes: o contrato está dividido en tres lotes. As ofertas poderán presentarse a un ou a varios lotes.

d) Período de vixencia: será dun ano a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato. Pódese prorrogar un ano como máximo.

e) CPV: 79212100-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Memoria proposta metodolóxica (non avaliable mediante aplicación de fórmulas): 30 puntos.

– Memoria proposta para o seguimento do contrato (non avaliable mediante aplicación de fórmulas): 10 puntos.

– Oferta económica (avaliable mediante aplicación de fórmulas): 60 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: noventa e un mil trescentos cincuenta euros (91.350,00 €), excluído o IVE.

b) IVE: dezanove mil cento oitenta e tres euros con cincuenta céntimos (19.183,50 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: o 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Xestión Económica da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19994

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido nas cláusulas F e G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: faranse públicas no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19994

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda