Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a devolución do impreso da fianza definitiva do lote 191/06.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte.

Lugo, 16 de decembro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 191/06.

Interesado: José Luis Álvarez González.

Acto notificado: devolución impreso fianza definitiva do lote 191/06.