Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 340

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 20 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2014.

A Consellería do Medio Rural e do Mar convocou nos anos 2009 e 2011 as axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, amparadas no disposto no Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013. Estas axudas correspóndense cos fondos adicionais derivados do chequeo médico e do Plan europeo de recuperación económica (Pere) asignados ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, e destinados ao novo reto das medidas de acompañamento á reestruturación do sector lácteo, a fin de mellorar a viabilidade e competitividade das explotacións leiteiras.

Dado que se asignaron novos fondos para seguir financiando estas medidas a raíz da reprogramación no PDR das medidas vinculadas aos novos retos, e dado que no Regulamento de execución (UE) nº 335/2013 da Comisión, do 12 de abril de 2013, esta medida non figura excepcionada para adquirir novos compromisos no ano 2014, e tendo en conta os artigos 28 e 29 do o Regulamento (CE) 1290/2005 do Consello, do 21 de xuño de 2005, sobre financiamento da política agraria comunitaria, cómpre elaborar unhas novas bases reguladoras que recollan as modificacións sobre os textos anteriores, á vez que se procede á convocatoria para este ano 2014.

As axudas reguladas nesta orde van dirixidas ao apoio a aqueles investimentos que incidan na de redución de custos mediante estratexias de aforro e a eficiencia enerxética nas explotacións leiteiras, que minimicen a dependencia externa da enerxía e promovan a substitución de insumos por recursos naturais localmente dispoñibles, para así incrementar a competitividade das explotacións.

O cofinanciamento do Feader nestas axudas acadará unha porcentaxe do 90 % do gasto executado.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e beneficiarios

1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2014 da axuda en réxime de concorrencia competitiva á mellora da competitividade das explotacións leiteiras, a través da redución dos custos de produción.

2. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións de vacún de leite que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta orde teranse en conta as definicións dadas pola Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias (BOE núm. 159, do 5 de xullo), polo Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia –Reaga– (DOG núm. 196, do 15 de outubro), así como pola Lei 35/2011, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias (BOE núm. 240, do 5 de outubro). Así mesmo, teranse en conta as seguintes definicións:

1. Renda total do/s titular/es da explotación: a renda fiscalmente declarada como tal pola/s persoa/s titular/es da explotación no último exercicio. Non obstante o anterior, poderá utilizarse para a avaliación da renda total do titular da explotación a media das rendas fiscalmente declaradas como tales por este durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio.

2. Viabilidade económica da explotación: considerarase que unha explotación é viable economicamente cando a súa renda unitaria de traballo, segundo a definición dada polo Decreto 200/2012 polo que se regula o Reaga, non sexa inferior ao 20 % da renda de referencia do ano 2014. As marxes netas para o cálculo da viabilidade figuran no anexo V desta orde.

3. Tamén se considerarán viables as explotacións clasificadas como prioritarias de conformidade co establecido na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, no Decreto 200/2012, polo que se regula o Reaga, así como pola Lei 35/2011, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

CAPÍTULO II

Bases reguladoras para a concesión de axudas á mellora da competitividadedas explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción

Sección 1ª. Plans de mellora da competitividade das explotacións leiteiras (procedemento MR268A).

Artigo 3. Persoas físicas. Requisitos dos beneficiarios

1. Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha explotación de vacún de leite con cota asignada no momento da solicitude.

b) Levar a cabo un plan de mellora da competitividade da súa explotación conforme o indicado no artigo 6.

c) Comprometerse a exercer a actividade agraria na produción de leite, polo menos, durante cinco anos contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda. Este compromiso será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, e pódeselle exixir, para eses anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao Servizo Territorial de Explotacións Agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.

d) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Acreditar a súa viabilidade económica, mediante a presentación do correspondente plan de viabilidade, conforme o definido no número 2 do artigo 2 desta orde. Neste plan deberán acadar, polo menos, unha UTA no momento da solicitude da axuda (situación inicial do plan), tendo en conta a definición de agricultor profesional establecida pola Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias.

f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

g) Posuír a capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúen a capacitación suficiente.

h) Posuír a condición de agricultor/a profesional, segundo se establece na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, que se xustificará no intre da solicitude.

i) Ter dezaoito anos feitos e non superar os sesenta anos, no caso de persoa física.

j) Non ter sido sancionado polo incumprimento da normativa relativa ao saneamento gandeiro, da normativa vixente en materia de calidade do leite cru nos tres anos anteriores á data de solicitude de axuda, e non ter sido excluído das axudas do pagamento adicional lácteo 2012 por incumprimento do programa de calidade do leite.

2. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, ademais dos requisitos sinalados no número 1, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Persoas xurídicas. Requisitos dos beneficiarios

As persoas xurídicas deberán cumprir os requisitos establecidos nas letras a), b), c), d), e), f), g), j), k) e l) do número 1, artigo 3, e ter a condición de explotación agraria prioritaria ou acadar tal condición coa aplicación destas axudas, o que se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Sección 2ª. Documentación que hai que presentar no procedemento MR268A

Artigo 5. Documentación que hai que presentar

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR268A, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo I (procedemento MR268A).

b) Copia do NIF das persoas xurídicas solicitantes das axudas e copia do DNI do seu representante, e copia do DNI das persoas físicas. As copias do DNI deberanse achegar só no caso de non autorizar a Consellería do Medio Rural e do Mar á consulta de datos do DNI no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

c) Anexo II: declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos.

d) As persoas xurídicas xustificarán que desenvolven a actividade agraria presentando os estatutos ou documento de constitución, e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas das orientacións produtivas e das actividades económicas da explotación.

e) Informe de vida laboral de cara a acreditar a condición de agricultor profesional ou de explotación agraria prioritaria.

f) Xustificante da capacitación profesional; a dita capacitación xustificarase no momento de solicitar a axuda.

g) Declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado (no caso de haber rendementos do traballo achegarase certificado de retencións). Así mesmo, todos aqueles interesados que xa presentaron a súa declaración da renda no período voluntario que estea aberto no momento da publicación desta orde poderán presentar esta última declaración, ou ben as declaracións de tres dos últimos cinco anos sempre que inclúa a do último exercicio, para a acreditación da condición de agricultor profesional. No caso de entidades xurídicas os socios presentarán as súas declaracións individuais do IRPF ou ben a declaración do imposto de sociedades da entidade para xustificar que a explotación ten a consideración de prioritaria.

h) Estatutos ou regulamentos de réxime interno (se é o caso).

i) Certificado do número de socios e dos que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se é o caso).

j) Memoria do plan de mellora da competitividade, onde se xustificará a realización do plan.

k) Facturas pro forma, nas cales se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita axuda (fabricante, características técnicas).

l) De cara á avaliación do cumprimento dos indicadores de resultados (R2 e R7) do PDR de Galicia 2007-2013 de acordo co establecido no Marco común de seguimento e avaliación do Feader e o Regulamento (CE) nº 1974/2006 e o artigo 79 do Regulamento (CE) 1968/2005 do Consello, así como o artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os beneficiarios deberán presentar a declaración da renda (persoas físicas) ou imposto de sociedades (persoas xurídicas) correspondente ao exercicio en que se xustifica a subvención, así como os dous exercicios anteriores no prazo dun mes desde que finalice a data de presentación destas declaracións.

m) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución; deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada nas letras b), c), d) e i); no anexo I desta orde farán constar os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Tamén presentarán o documento de nomeamento do seu representante ou apoderado único, e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda.

2. Non obstante o disposto nos puntos anteriores, a presentación dentro do prazo establecido nesta orde da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes:

– O anexo I debidamente cuberto.

– Memoria do plan de mellora da competitividade e a descrición detallada dos investimentos que se van realizar.

– Facturas pro forma (mínimo tres), nas cales se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita (fabricante, características técnicas).

A falta  de calquera desta documentación determinará a inadmisibilidade da solicitude.

Sección 3ª. Investimentos elixibles, contía da axuda e prazo de execución

Artigo 6. Condicións dos plans de mellora da competitividade

1. Os plans de mellora da competitividade suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación leiteira, orientada cara a estratexias de redución de custos que permitan incrementar a súa competitividade, polo que os investimentos elixibles se destinarán ás seguintes prioridades:

– A redución dos custos na produción leiteira.

– A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética.

– A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.

2. O plan de mellora da competitividade deberá demostrar, mediante cálculos específicos, que os investimentos están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía, e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación leiteira.

Para estes efectos, considerarase que o plan cumpre as condicións establecidas no parágrafo anterior cando, tras a súa realización, incremente a renda unitaria de traballo da explotación ou, nos casos en que se incremente o número das UTA, non diminúa a súa marxe neta.

3. Así mesmo, deberán incluír:

a) Unha descrición das situacións anterior e posterior á realización do plan de mellora, establecidas en función dun orzamento estimativo e que comprenda, cando menos, os seguintes datos:

1º. Superficie da explotación, especificando a dos distintos cultivos, cabezas de gando por especies e rendementos medios de cada actividade produtiva.

2º. Maquinaria agrícola.

3º. Equipamento, melloras territoriais e edificios.

4º. Composición e dedicación da man de obra asalariada.

5º. Produción bruta de cada actividade.

6º. Gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.

b) Unha indicación das medidas e, en particular, dos investimentos previstos.

4. Ademais, cando o plan de mellora afecte unha explotación gandeira deberase cumprir o seguinte:

a) A normativa relativa a campañas oficiais de saneamento gandeiro.

b) As normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais.

5. Os servizos técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar emitirán os informes correspondentes sobre o cumprimento destas normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

6. No caso de que o plan de mellora da competitividade prevexa financiar investimentos que supoñan unha redución dos gastos en enerxía, ou favorezan o aforro enerxético, estes deberán estar xustificados nunha documentación técnica que detalle as medidas de aforro e de eficiencia enerxética da explotación e as de substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables, de acordo cos diferentes anexos III, segundo sexa o tipo de investimento que se vaia executar. Ademais, no momento da certificación deste tipo de investimentos, o beneficiario deberá achegar, xunto co resto de documentación, o anexo III correspondente ao investimento executado. A dita documentación técnica resúmese no anexo IV.

Artigo 7. Condicións dos investimentos obxecto da axuda

1. Só serán elixibles os investimentos que figuren no anexo IV desta orde, cos módulos máximos que se establecen para esta convocatoria.

2. Non se concederá axuda para investimentos en obra civil.

3. Á parte do especificado para cada tipo de axuda, non se concederán axudas para os seguintes investimentos:

a) Os investimentos de simple substitución, nin se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.

b) Gastos de conservación e mantemento ou os derivados de actividades de funcionamento da explotación.

c) Os gastos non subvencionables distintos dos anteriores, e aos que fai referencia o artigo 3 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader.

Artigo 8. Contía dos investimentos elixibles dos plans de melloras

1. Os investimentos elixibles poderán chegar a un máximo de 50.000 euros por UTA sen superar 100.000 euros por explotación. Esta limitación circunscríbese ao importe dos investimentos polos que se solicita axuda xunto cos que se aprobou esta mesma axuda nos anos 2009 ou 2011.

Para estes efectos, atribuiranse a unha soa explotación beneficiaria o conxunto de plans de investimentos agrarios realizados por calquera titular dela.

2. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais indicadas no artigo 3.1.e) desta orde.

3. A determinación da porcentaxe máxima das axudas aos investimentos que se vaian realizar nas explotacións efectuarase de acordo coa porcentaxe que figura no cadro do artigo 9.1, segundo o concello en que a explotación teña a maioría dos bens, dereitos e elementos da explotación.

Artigo 9. Contía das axudas

1. A contía máxima de axuda, expresada en porcentaxe do investimento, con carácter xeral, poderá chegar ata as cantidades seguintes:

Contía máxima de axuda (porcentaxe do investimento)

Zonas desfavorecidas (*)

Ata o 50 %

Resto de zonas

Ata o 40 %

(*) Zonas desfavorecidas incluídas nas listas a que fan referencia os incisos i) e ii) da alínea a) do artigo 36 do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005.

2. Se o beneficiario da axuda é un agricultor/a profesional ao que se lle concedeu a axuda á incorporación de mozos nos últimos 5 anos, e presenta un plan de mellora de competitividade para a súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 5 % do investimento, como máximo, das previstas no punto 1 deste artigo. Esta axuda suplementaria concederase, na súa integridade, cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor/a mozo/a instalado na modalidade de titularidade exclusiva ou cando se trate dunha explotación prioritaria asociativa e, polo menos, a porcentaxe de socios/as
mozos/as que cumpran este requisito sexa igual ou superior ao 50 % dos socios totais.

3. No caso de que o beneficiario da axuda sexa titular dunha explotación de produción ecolóxica, obterá unha axuda suplementaria de ata o 5 % das previstas no punto 1 deste artigo, e que en ningún caso poderá superar os límites de intensidade establecidos no Regulamento (CE) 1698/2005.

Artigo 10. Tipos de axuda

1. A axuda consistirá nunha subvención directa de capital.

2. Só serán poderán ser aprobadas solicitudes cuxo investimento auxiliable sexa superior a tres mil (3.000) euros.

Artigo 11. Prazo de xustificación do plan de mellora da competitividade

1. O prazo de xustificación dos investimentos aprobados será, como máximo, ata o 15 de setembro de 2014.

2. Non se concederán prórrogas para a ampliación do prazo de xustificación nin se admitirán modificacións sobre os investimentos subvencionados.

Artigo 12. Obrigas sobre os investimentos subvencionados

1. Os beneficiarios deberán destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que nunca será inferior a cinco anos, contados desde a data da solicitude de pagamento, salvo que por causa técnica xustificada e acreditada documentalmente sexa autorizado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, en concordancia co artigo 29.5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Durante os cinco anos seguintes á solicitude de pagamento, os investimentos subvencionados non deberán sufrir ningunha modificación importante que afecte a súa natureza ou ás súas condicións de execución, ou que resulte, ben dun cambio na natureza do réxime de propiedade dunha determinada infraestrutura, ben da interrupción ou do cambio de localización dunha actividade produtiva.

3. O incumprimento da obriga de destino referido anteriormente, que se producirá, en todo caso, co alleamento ou o gravame do ben, será causa de reintegro, quedando o ben afecto ao pagamento do reintegro, calquera que for o seu posuidor, agás o referido no artigo 29.4º.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. De cara aos controis administrativos sobre a moderación dos custos, establecidos no artigo 24.2.d) do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedsementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, os investimentos elixibles estarán modulados de acordo co establecido na norma complementaria de desenvolvemento do procedemento de xestión destas axudas publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar no enderezo:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/explotacions

Ademais, en todos os casos o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de empresas que o subministren ou presten. A escolla entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta máis vantaxosa economicamente.

CAPÍTULO III

Procedemento de concesión das axudas

Artigo 13. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

3. No caso de que algún dos documentos que vaia presentar a da persoa solicitante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. As oficinas agrarias comarcais asesorarán ás persoas solicitantes na realización dos estudos técnico-económicos necesarios para a elaboración do plan de mellora da competitividade.

Artigo 14. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación deste procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade ou residencia da persoa solicitante, para o cal no anexo I se inclúe unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor durante todo o período de compromisos, para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

3. As solicitudes das persoas interesadas irán acompañadas dos documentos e as informacións determinados no artigo 5.1, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. Así mesmo, a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos para os efectos do disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Artigo 15. Criterios de prioridade

1. Para a concesión destas axudas mediante o procedemento en réxime de concorrencia competitiva establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Investimentos en implantación de pradarías e peches para pastoreo, superiores ao 50 % do investimento total elixible: 6 puntos.

b) Situación da explotación nunha zona desfavorecida: 3 puntos.

c) Titular de explotación agraria que solicitase estas axudas nos anos 2009 ou 2011 e non fose beneficiario: 2 puntos.

d) Explotacións sitas no ámbito territorial do Plan Impulsa de reactivación económica das provincias de Lugo e Ourense: 1 punto.

e) Titular muller: 1 punto.

f) Explotacións de produción ecolóxica: 1 punto.

g) Explotación de titularidade compartida: 1 punto.

2. No caso de empate en puntos priorizaranse as solicitudes en orde de maior a menor investimento elixible, e se continúa o empate priorizaranse as solicitudes con investimento en implantación de pradarías e peches para pastoreo sobre os resto de solicitudes, na orde descendente establecida no punto anterior.

Artigo 16. Tramitación e resolución

1. O órgano responsable da instrución dos expedientes destas axudas será a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. A resolución do procedemento corresponderá ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, por proposta da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, logo da avaliación das solicitudes polo órgano colexiado, que estará presidido polo subdirector xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

2. O prazo para resolver e notificar as subvencións será de 3 meses desde a publicación desta orde. Se transcorre o citado prazo máximo sen se ditar resolución expresa por parte do órgano competente, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes para os efectos da interposición dos correspondentes recursos potestativos de reposición e contencioso-administrativo.

3. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos. Ademais, na resolución aprobatoria indicarase o prazo de execución dos investimentos aprobados, así como que a operación é cofinanciada polo Feader, dentro do eixe prioritario 1, de mellora da competitividade do sector agrario e forestal de Galicia.

4. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida.

Artigo 17. Solicitude de pagamento dos investimentos

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando recaia resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicarllo, preferentemente por escrito, ás oficinas agrarias comarcais, ata a data de remate do prazo concedido para a execución das melloras, presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, para os efectos do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión.

3. Respecto das condicións de admisibilidade da adquisición de bens mediante fórmulas de financiamento e pagamento que difiren a adquisición da plena propiedade do ben terase en conta o seguinte:

a) Os bens deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de financiamento que condicionen a adquisición da propiedade do ben a un momento posterior (contratos de financiamento de bens con reserva de dominio, leasing etc.) só se consideran subvencionables sempre que os bens pasen a ser da propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de xustificación da axuda. En concreto, a adquisición de maquinaria e equipamento a través de operacións de arrendamento financeiro só será subvencionable se o contrato inclúe o compromiso de compra en que se prevexa que o beneficiario chegue a ser propietario da maquinaria ou equipamento de que se trate dentro do prazo límite de xustificación da axuda. O importe máximo subvencionable non superará o valor de mercado do activo arrendado.

b) En ningún caso serán subvencionables outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou gastos de seguros.

c) Non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo (lease-back).

d) Os anteriores supostos deberán respectar o establecido no artigo 5 do Real decreto 1852/2009.

4. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas agrarias comarcais, dos servizos provinciais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 3.000 euros.

5. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

6. No caso de que no control administrativo sobre as UTA da explotación na solicitude de pagamento, se o número desas UTA é menor que o que figura na aprobación do expediente na situación prevista, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia a perda do dereito á axuda. Así mesmo, se no caso de que no dito control se verifica que non se cumpren os condicionantes para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito á axuda.

7. Antes do pagamento destas axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da comunidade autónoma.

8. Sen prexuízo dos anteriores puntos e para os efectos da xustificación dos investimentos, terase en consideración o establecido no artigo 4 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader.

9. Os beneficiarios deberán dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

Artigo 18. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. No caso de presentar copias das facturas, achegará tamén os orixinais para seren dilixenciados pola Administración, co texto «cofinanciado con fondos comunitarios».

3. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) A data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

f) Descrición das operacións, consignándose todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que si o recoñece.

k) Con carácter xeral, só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura, salvo que se trate dunha entidade non suxeita, exenta de IVE ou suxeita á regra de pro rata; nestes casos, deberá xuntarse a documentación xustificativa desta circunstancia (declaración de non suxeición ou exención de IVE emitida pola AEAT e, no caso de aplicación da regra de pro rata, o modelo 390 de declaración resumo anual do IVE correspondente ao último exercicio en que figure a porcentaxe de dedución ou pro rata).

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets cando sexa obrigatoria a expedición de factura, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

4. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Como regra xeral, presentarase a factura definitiva e o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria deberá ser orixinal ou copia cotexada, e estará selado pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarse unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

Artigo 19. Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para o mesmo proxecto.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 20. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, as persoas beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, ou polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 21. Reintegro das axudas

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora producidos desde o pagamento no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas. Os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas dos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Longa incapacidade profesional da persoa beneficiaria.

c) Expropiación dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.

d) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente as terras da explotación.

e) Destrución accidental dos edificios para o gando da explotación.

f) Epizootia que afecte a totalidade ou a unha parte do gando do/a produtor/a.

A persoa beneficiaria ou o seu habente causa notificará por escrito á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes os casos de forza maior ou as circunstancias excepcionais, presentando as probas suficientes no prazo dos dez días hábiles seguintes á data en que a persoa beneficiaria ou o seu habente causa estea en condicións de facelo.

3. Segundo se establece no artigo 44 do Regulamento 1974/2006 cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, a persoa beneficiaria transfira a súa explotación a outra persoa que cumpra os requisitos exixidos, esta poderá asumir o compromiso e subrogarse en compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas. Segundo dito artigo 44 do Regulamento 1974/2006 poderase non exixir o reembolso se, no caso de cesamento definitivo das actividades agrarias por parte dunha persoa beneficiaria que cumprise unha parte significativa do compromiso, a asunción do compromiso polo/a sucesor/a non resulta factible.

Artigo 22. Recursos administrativos

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou na respectiva orde de convocatoria esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa.

Artigo 23. Medidas informativas e publicitarias das axudas cofinanciadas polo Feader

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellaría do Medio Rural e do Mar farase constar que, á marxe doutras fontes de financiamento público, concorre o financiamento con fondos Feader, e informaranse tamén os beneficiarios do eixe prioritario do programa de desenvolvemento rural en que están incluídas estas axudas.

2. Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa, na cal figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema Feader: «Europa inviste no rural».

3. Así mesmo, neste senso deberase tamén cumprir o establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

Artigo 24. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. A Dirección Xeral de Produción Agropecuaria será a responsable de efectuar os seguintes controis en aplicación do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión:

– Control administrativo sobre o 100 % das solicitudes de axuda. As solicitudes de axuda que superen este control serán propostas para aprobación polos servizos provinciais de Explotacións Agrarias. De entre elas seleccionaranse por concorrencia competitiva as que serán aprobadas. Por outra banda, no caso de que no control administrativo da solicitude de pagamento se detectasen discrepancias co solicitado polo beneficiario, e logo de requirimento ao este para que confirme ou emende a súa solicitude, aplicarase o réxime de reducións e exclusións establecido no número 2 deste artigo, e recollido no artigo 30 do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

– Control administrativo sobre o 100 % das solicitudes de pagamento. As solicitudes de pagamento que superen este control serán propostas para o pagamento.

– Control sobre o terreo sobre unha porcentaxe das solicitudes de pagamento que superasen o control administrativo da solicitude de pagamemto.

– Control a posteriori sobre unha porcentaxe dos expedientes xa pagados e que estean dentro do período de cumprimento de compromisos.

2. Os pagamentos calcularanse sobre a base do que se considera elixible, tras determinar:

a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

A cantidade se pagará ao beneficiario será a definida no importe b). Cando o importe a) supera o importe b) en máis dun 3 %, a cantidade pagadoira é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes. Esta redución non se aplicará cando o beneficiario poida demostrar que non é responsable da inclusión do importe non elixible.

As reducións prescritas aplicaranse igualmente sobre os gastos non elixibles identificados nos controis sobre o terreo, cando son posteriores ao pagamento, e nos controis a posteriori.

3. Cando se determine intencionalidade na presentación dunha declaración falsa, o beneficiario quedará excluído da axuda Feader en cuestión e do resto das axudas vinculadas á medida durante o exercicio Feader de que se trate e os dous seguintes. Ademais, recuperaranse os importes aboados pola operación ata ese momento, no caso de ter pagamentos parciais.

4. Así mesmo, será aplicable o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto na Lei 9/2007. Todo o anterior é sen prexuízo das sancións a que puider dar lugar a aplicación da lexislación vixente en materia de axudas.

Capítulo IV

Convocatoria 2014

Artigo 25. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2014 as axudas regulamentadas por esta orde. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serán as establecidas, con carácter xeral, nesta orde.

Artigo 26. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 27. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 90 %, efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

– 12.22.712B 772.0 (CP 2009-01303), na cal existe crédito adecuado para o ano 2014 de catro millóns de euros (4.000.000). A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma.

2. As cantidades anteriores correspóndense cos compromisos dos expedientes que se aproben nesta convocatoria. Os ditos gastos serán comunicados á Comisión Europea no período establecido pola programación dos fondos Feader. En todo caso, os compromisos adaptaranse ao período de subvencionalidade establecido na Decisión que aproba o PDR Galicia 2007-2013, Decisión CE (2008) 703, do 15 de febreiro, modificada pola Decisión C (2010) 1227, do 5 de marzo de 2010.

3. Esta orde tramítase conforme o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2014, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia.

Disposición adicional primeira. Cualificación de explotacións agrarias prioritarias

Nos casos en que a documentación presentada pola persoa solicitante das axudas previstas nesta orde sexa suficiente e se reúnan os requisitos exixidos, a directora xeral de Produción Agropecuaria efectuará a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido na Lei 19/1995, de modernización de explotacións agrarias, e no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Disposición adicional segunda. Normativa subsidiaria

En todo o non recollido nesta orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o establecido no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 e no Regulamento (CE) nº 1698/2005, do 25 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, e nos regulamentos que o desenvolven, así como tamén no Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), así como na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, e na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Investimentos elixibles

Investimentos incremento superficie forraxeira

Descrición

Módulo máximo (euros)

Cercas e mallas

m cerca de 2 fíos

2,5

Cercas e mallas

m cerca mín. 4 fíos

4

Cercas e mallas

m cerca electric.

2,5

Cercas e mallas

m cerca con malla

5,6

Cercas e mallas

Poste móbil para pastor

1,5

Implantación de pradeiras con e sen retirada de tocos

ha pradeira sen retirada de tocos

1.500

Implantación de pradeiras con e sen retirada de tocos

ha nivelación terras

500

Implantación de pradeiras con e sen retirada de tocos

ha pradeira sen retirada de tocos

810

Pastor eléctrico

Ud. pastor eléctrico.....

250

Instalacións de muxidura

Descrición

Módulo máximo (euros)

Equipamentos de muxidura

Maquinaria muxidura vacún

Ver parágrafo seguinte

Tanque refrixeración

Ud. t. refrix>10000 l

32.000

Tanque refrixeración

Ud. t. refrix >6000-10000 l

25.000

Tanque refrixeración

Ud. t. refrix >4000-6000 l

19.000

Tanque refrixeración

Ud. tanque refri<2500 l

11.000

Tanque refrixeración

Ud. t. refrix 2500-4000 l

14.000

Equipamentos de muxidura.

Establécese un módulo de investimento básico en maquinaria de muxir de ata 10.000 € para unha explotación de ata 15 vacas leiteiras.

Este módulo incrementarase, por cada vaca de leite, segundo os datos da última campaña de saneamento gandeiro, de acordo cos seguintes tramos:

– Desde 16 a 50 vacas, a razón de 800 €/vaca.

– Desde 51 a 70 vacas, a razón de 500 €/vaca.

– Para rabaños maiores de 70 vacas, a razón de 300 €/vaca.

Os módulos establecidos inclúen instalación de muxidura completa con maquinaria, conducións, equipamentos de medida, retiradores automáticos etc.

En todo caso, o investimento máximo será de 75.000 €.

Exemplo para un rabaño de 60 vacas leiteiras:

Módulo básico de 15 vacas

10.000 €

Entre 16 e 50, a razón de 800 €/vaca

28.000 €

Entre 51 e 60, a razón de 500 €/vaca

5.000 €

Máximo investimento

43.000 €

No caso de instalación de robot de muxido, terán o mesmo módulo que calquera outro tipo de equipamento de muxidura.

Instalacións aforro enerxético
(ver parágrafos seguintes)

Descrición

Módulo máximo unidade (euros)

Baterías condensadores

Bat. condensadores <7.5

2.500

Baterías condensadores

Bat .condensadores >7.5<27

3.500

Baterías condensadores

Bat. condensadores >27

4.500

Grupo electróxeno

Ud. grupo electróxeno<30 kW

1.450

Grupo electróxeno

Ud. grupo electróxeno>40 kW

3.350

Grupo electróxeno

Ud grupo electróx. 30-40 kW

2.350

Instalación placa para arrefriamento do leite

Int. plac. arref. leite <60

3.500

Instalación placa para arrefriamento do leite

Int. plac. arref. leite >60

5.000

Instalación de enerxía solar, fotovoltaica, eólica

Inst. enerx. sol. fot/eo S/A

8.500

Instalación de enerxía solar, fotovoltaica, eólica

Inst enerx. sol. fot/eo C/A

11.000

Instalación de enerxía solar, fotovoltaica, eólica

Inst. enerx. sol. fotov S/A

8.500

Instalación de enerxía solar, fotovoltaica, eólica

Instalación eólica illada

4.500

Instalación de enerxía solar, fotovoltaica, eólica

Inst. enerx. sol. fotov. C/A

11.000

Instalación de produción térmica/biomasa

Inst. prod. ter-bio. Naa C/A

450

Instalación de produción térmica/biomasa

Inst. prod. ter-bio. A/A S/A

600

Instalación de produción térmica/biomasa

Inst. prod. ter-bio. Naa S/A

300

Instalación de produción térmica/biomasa

Inst. prod. ter-bio. A/A C/A

750

Paneis para produción de enerxía solar

Captad. glob. plan. cg>5 <9

1.100

Paneis para produción de enerxía solar

Captad. golb. plan. cg<5

1400

Paneis para produción de enerxía solar

Tubos de baleiro

1.600

Sist. recup. calor

Sist recup. calor >60

5.000

Sist. recup. calor

Sist recup. calor <60

3.500

Variadores de frecuencia

Variador frec. >4

1.500

Variadores de frecuencia

Variador frec. <4

1.200

Aclaracións sobre as instalacións de aforro enerxético

Solar térmica

Ud.

Unidades e denominación

m2

Captadores solares planos cun coeficiente global de perdas inferior a 9 W/(m2 ºC) e superior a 5 W/(m2 ºC)

m2

Captadores solares planos cun coeficiente global de perdas inferior 5 W/(m2 ºC)

m2

Tubos de baleiro

Establécese un investimento máximo de 16.000 € para instalacións dirixidas á produción de auga quente e de 32.000 € para instalacións de auga quente e calefacción.

Custo elixible:

Consideraranse custos elixibles os correspondentes aos diversos compoñentes da instalación solar térmica como captadores solares térmicos, intercambiadores de calor, depósitos de acumulación, circuítos hidráulicos, vasos de expansión, illamento, sistema eléctrico e de control, sistemas de disipación da calor, equipamentos de medida e demais equipamentos secundarios, así como a montaxe, obra civil asociada, deseño de enxeñería da instalación, dirección de obra e posta en marcha.

Documentación técnica (para entregar xunto coa solicitude):

1. Breve descrición técnica xustificativa do proxecto.

2. Fotografía aérea a escala 1:1000 sobre a que se indicará, graficamente e de forma apreciable, o lugar seleccionado para a colocación dos paneis solares e a súa disposición aproximada de forma que permita establecer a súa desviación respecto ao sur. Esta fotografía pode descargarse do visor SIX-PAC

(http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/)

3. Documentación en que se reflictan as principais características técnicas dos principais elementos da instalación: captadores e acumulador.

4. Certificado do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio conforme o modelo de colector seleccionado cumpre cos requisitos de calidade da Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, sobre esixencias técnicas dos paneis solares.

Documentación técnica para a xustificación da axuda:

1. Informe técnico de fin de obra en que se describan as actuacións realizadas e, no caso de ter introducido algunha modificación respecto ao proxecto inicial, se informe desta. Neste informe incluiranse fotografías da instalación unha vez rematada.

2. Garantía da instalación por un período mínimo de dous anos que inclúa os materiais utilizados, a súa montaxe e o mantemento preventivo e correctivo dela (asinada polo instalador).

3. No caso de que así o requira a regulamentación vixente, achegarase boletín da instalación presentado na delegación provincial que corresponda.

Solar fotovoltaica illada

Ud.

Unidades e denominación

kWp

Instalación de enerxía solar fotovoltaica con acumulación.

kWp

Instalación de enerxía solar fotovoltaica sen acumulación

A potencia máxima da instalación será de 15 kWp.

Establécese un investimento máximo por proxecto de 165.000 €.

Custo elixible:

Dentro do investimento elixible incluiríanse o custo dos módulos fotovoltaicos, estruturas de soporte e fixación, os elementos de interconexión entre módulos, baterías, reguladores, fiado, inversores, interruptores e proteccións, sistemas de monitorización, obra civil asociada, dirección e enxeñaría de proxecto e posta en marcha.

Non se considerarán elixibles as instalacións de venda de enerxía conectadas á rede.

Documentación técnica (para entregar xunto coa solicitude):

1. Descrición técnica do proxecto.

2. Informe asinado por un técnico competente en que se incluirá:

– Descrición da situación actual da explotación: fonte/s de enerxía empregada, enerxía consumida e gasto anual aproximado que supón.

– Análise da viabilidade económica do proxecto.

– Documentación xustificativa da imposibilidade de conexión á rede de distribución sen a implantación de novas liñas eléctricas ou calquera outro motivo polo que non se poida acceder á subministración eléctrica.

– Descrición do lugar seleccionado para a colocación dos módulos fotovoltaicos, orientación e inclinación destes. Nas instalacións sobre cuberta incluirase unha descrición dela e analizarase a súa capacidade para soportar as cargas necesarias para a colocación dos módulos fotovoltaicos.

3. Documentación en que se reflictan as principais características técnicas dos principais elementos da instalación: módulos solares, inversor e baterías.

4. Certificado de cumprimento da normativa IEC dos módulos fotovoltaicos seleccionados emitido por unha entidade acreditada (organismos certificadores, institutos tecnolóxicos etc).

5. Garantía de rendemento dos módulos fotovoltaicos: mínimo unha garantía do fabricante do 80 % da potencia mínima aos 25 anos.

6. Fotografía aérea a escala 1:1000 sobre a que se indicará, graficamente e de forma apreciable, o lugar seleccionado para a colocación dos módulos fotovoltaicos e a súa disposición aproximada de forma que permita establecer a súa desviación respecto ao sur. Esta fotografía pode descargarse do visor SIX-PAC

(http://emediorural.xunta.es/visor5/)

Documentación técnica para a xustificación da axuda:

1. De acordo co establecido no artigo 3 da ITC-BT-04 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión, as instalación xeradoras cunha potencia nominal superior a 10 kW deberán presentar un proxecto redactado e asinado por técnico competente para a súa execución.

2. Informe técnico de fin de obra en que se describan as actuacións realizadas e, no caso de ter introducido algunha modificación respecto ao proxecto inicial, informe desta. Neste informe incluiranse fotografías da instalación unha vez rematada.

3. Boletín da instalación presentado na delegación provincial que corresponda.

4. Garantía da instalación por un período mínimo de dous anos que inclúa os materiais utilizados, a súa montaxe e o mantemento preventivo e correctivo dela (asinada polo instalador).

Eólica-fotovoltaica illada

Ud.

Unidades e denominación

kWp

Instalación de enerxía solar fotovoltaica con acumulación.

kWp

Instalación de enerxía solar fotovoltaica sen acumulación

Kw

Instalación eólica illada

A potencia máxima destas instalacións será de 15 kWp para o sistema fotovoltaico e de 6 kW para o sistema eólico.

Establécese un investimento máximo por proxecto de 192.000 €.

Custo elixible:

Dentro do investimento elixible incluiranse o custo do aeroxerador, módulos fotovoltaicos, elementos de interconexión entre módulos, sistemas de soporte e fixación, baterías, reguladores, fiado, inversores, interruptores e proteccións, sistemas de monitorización, obra civil asociada, dirección e enxeñería de proxecto, posta en marcha.

Non se considerarán elixibles as instalacións de venda de enerxía conectadas á rede.

Documentación técnica (para entregar xunto coa solicitude):

1. Descrición técnica do proxecto.

2. Informe asinado por un técnico competente en que se incluirá:

– Descrición da situación actual da explotación: fonte/s de enerxía empregada, enerxía consumida e gasto anual aproximado que supón.

– Análise da viabilidade económica do proxecto.

– Documentación xustificativa da imposibilidade de conexión á rede de distribución sen a implantación de novas liñas eléctricas ou calquera outro motivo polo que non se poida acceder á subministración eléctrica.

– Descrición do lugar seleccionado para a colocación dos módulos fotovoltaicos, orientación e inclinación deste, e de colocación do aeroxerador. Nas instalacións sobre cuberta incluirase unha descrición dela e analizarase a súa capacidade para soportar as cargas necesarias para a colocación dos módulos fotovoltaicos.

– Estudo en que se xustifique adecuadamente a existencia de recurso eólico no lugar, utilizando datos meteorolóxicos, orográficos etc. O contido e desenvolvemento deste estudo debe ser o suficiente para confirmar de forma obxectiva a existencia de recurso eólico explotable.

3. Certificado de cumprimento da normativa IEC dos módulos fotovoltaicos seleccionados emitido por unha entidade acreditada (organismos certificadores, institutos tecnolóxicos etc).

4. Documentación en que se reflicta as principais características técnicas dos principais elementos da instalación: módulos solares, aeroxerador, inversor e baterías.

5. Garantía de rendemento dos módulos fotovoltaicos: mínimo unha garantía do fabricante do 80 % da potencia mínima aos 25 anos.

6. Fotografía aérea a escala 1:1000 sobre a que se indicará, graficamente e de forma apreciable, o lugar seleccionado para a colocación dos módulos fotovoltaicos e a súa disposición aproximada de forma que permita establecer a súa desviación respecto ao sur. Esta fotografía pode descargarse do visor SIX-PAC

(http://emediorural.xunta.es/visor5/)

Documentación técnica para a xustificación da axuda:

1. De acordo co establecido no artigo 3 da ITC-BT-04 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión, as instalación xeradoras cunha potencia nominal superior a 10 kW deberán presentar un proxecto redactado e asinado por técnico competente para a súa execución.

2. Informe técnico de fin de obra en que se describan as actuacións realizadas e, no caso de ter introducido algunha modificación respecto ao proxecto inicial, informe desta. Neste informe incluiranse fotografías da instalación unha vez rematada.

3. Boletín da instalación presentado na delegación provincial que corresponda.

4. Garantía da instalación por un período mínimo de dous anos que inclúa os materiais utilizados, a súa montaxe e o mantemento preventivo e correctivo dela (asinada polo instalador).

Biomasa térmica

Ud.

Unidades e denominación

Módulos máximos (€/kWt)

kWt

Instalación con alimentación automática con acumulación

750

kWt

Instalación con alimentación automática sen acumulación

600

kWt

Instalación sen alimentación automática con acumulación

450

kWt

Instalación sen alimentación automática sen acumulación

300

Establécese un investimento máximo por instalación, sen incluír a empacadora nin a esteladora, de 30.000 €.

Custo elixible.

Consideraranse custos elixibles os correspondentes aos diversos compoñentes do sistema de acumulación de combustible; sistema de alimentación; caldeira e os seus complementos; sistemas eléctricos, de control e monitorización de equipamentos complementarios; montaxe e conexión; equipamentos de tratamento en campo de biomasa para estelado ou empacado (unicamente os equipamentos e dispositivos que forman parte da maquinaria específica, non incluíndose equipamentos independentes para o seu movemento, agás no caso de máquinas autopropulsadas).

Documentación técnica (para entregar xunto coa solicitude):

1. Breve descrición técnica xustificativa do proxecto.

2. Folla de características da caldeira/estufa utilizada, en que conste o modelo, a potencia e o combustible que se vai utilizar.

3. No caso das empacadoras e/ou esteladoras, folla de características da maquinaria para a que se solicita a axuda.

Documentación técnica para a xustificación da axuda:

1. Informe técnico de fin de obra en que se describan as actuacións realizadas e, no caso de ter introducido algunha modificación respecto ao proxecto inicial, informe desta. Neste informe incluiranse fotografías da instalación unha vez rematada.

2. As instalacións de potencia instalada superior a 5 kW deberán achegar o boletín da instalación presentado na delegación correspondente.

3. Garantía da instalación por un período mínimo de dous anos que inclúa os materiais utilizados, a súa montaxe e o mantemento preventivo e correctivo dela (asinada polo instalador).

ANEXO V

Marxes netas das diferentes orientacións produtivas segundo a RUT

Actividade

Unidade

M. neta

35 %

Unidades mínimas 35

120 %

Máximas 120

20 %

Mínimo 20

Patacas

ha

743,00

9.897,30

13,32

33.933,60

45,67

5.655,60

7,61

Hortalizas aire libre

ha

14.860,30

9.897,30

0,67

33.933,60

2,28

5.655,60

0,38

Outros cereais

ha

297,20

9.897,30

33,30

33.933,60

114,18

5.655,60

19,03

Trigo

ha

750,00

9.897,30

13,20

33.933,60

45,24

5.655,60

7,54

Outros cultivos

ha

15.000,00

9.897,30

0,66

33.933,60

2,26

5.655,60

0,38

Vacas leite

1 kg produc.

0,06

9.897,30

164.955,00

33.933,60

565.560,00

5.655,60

94.260,00

Recría Xuvencas leite

Cab.

99,10

9.897,30

100

33.933,60

342

5.655,60

57

Vacas carne

Cab.

325,61

9.897,30

30

33.933,60

104

5.655,60

17

Xovencas carne

Cab.

250,00

9.897,30

40

33.933,60

136

5.655,60

23

Xatos ceba

Praza
(1,25 cab.)

148,60

9.897,30

67

33.933,60

228

5.655,60

38

Ovellas

Nai

66,00

9.897,30

150

33.933,60

514

5.655,60

86

Cabras

Nai

81,00

9.897,30

122

33.933,60

419

5.655,60

70

Porcas reproductoras

Porca nai

134,20

9.897,30

74

33.933,60

253

5.655,60

42

Porcos ceba

Praza

15,64

9.897,30

633

33.933,60

2.170

5.655,60

362

Porcos ceba cadea

Praza

11,90

9.897,30

832

33.933,60

2.852

5.655,60

475

Aves carne

Praza

1,05

9.897,30

9.426

33.933,60

32.318

5.655,60

5.386

Polo curral

Praza

1,15

9.897,30

8.606

33.933,60

29.507

5.655,60

4.918

Pavos

Praza

3,70

9.897,30

2.675

33.933,60

9.171

5.655,60

1.529

CLAVES PARA CUBRIR A SOLICITUDE (MR323C)

CLAVES

1. TIPO DE TITULAR

2. CLASE DE AGRICULTOR

0. Agricultor individual muller

1. Agricultor individual home

2. Sociedade

3. SAT

4. Cooperativa agraria

6. Outras

7. Comunidade de bens

8. Agrupación de servizos

9. Cooperativa de explotación comunitaria da terra ou de traballo asociado na actividade

2. Agricultor profesional (A.P.)

3. Non agricultor profesional

4. Asociativa prioritaria

5. Asociativa non prioritaria

6. Agricultor a tempo parcial (ATPA)

3. SEGURIDADE SOCIAL

1. Réxime xeral agrario da S.S. conta propia

2. Outro da rama agraria

3. Outro

4. CAPACITACIÓN PROFESIONAL

a) Capataz agrícola, FP1 agraria ou nivel de formación agraria máis alto.

b) Exercicio da actividade agraria polo menos durante 5 anos, desde a certificación dos investimentos.

c) Actividade agraria e cursos de capacitación suficientes.

5. APLICACIÓN DA AXUDA / OBXECTIVOS DOS INVESTIMENTOS

Solicitude MR323C

a) A redución dos custos na produción leiteira.

b) A redución dos gastos en enerxía, mediante o aforro e a eficiencia enerxética.

c) A substitución do uso de enerxías convencionais por enerxías renovables.