Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de decembro de 2013 polo que se notifica o trámite de vista do expediente no procedemento disciplinario 3/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de vista do expediente no procedemento disciplinario 3/2013.

Cumpridas as dilixencias previstas no artigo 47.1 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e conforme o disposto na súa alínea f), dáselle vista do expediente para que durante un prazo de 10 días alegue o que considere pertinente para a súa defensa e achegue cantos documentos considere de interese.

Durante este prazo poderá igualmente presentarse no Servizo de Persoal na Área do Medio Rural e Montes na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e facilitaráselle unha copia completa do expediente se así o solicita.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

Patricia Rodríguez Roiloa
Instrutora

ANEXO

Expediente: disciplinario 3/2013.

Interesado: José Manuel Taboada López.

Acto de notificación: dáselle vista do expediente durante un prazo de 10 días.

Último enderezo coñecido: rúa Laxe, núm. 10, 1º, San Cibrao das Viñas (Ourense).