Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 410

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1182/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1182/2011-MJC.

Xulgado de orixe/autos: demanda 346/2009 Xulgado do Social nº 1 da Coruña.

Recorrente: José Antonio Moscoso Acuña.

Avogado: Francisco Javier Fernández Tarrío.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Electricidade Xonxa, S.L.U., Elpe Electromecanica, S.L., Mutua Fremap, Asepeyo, mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Copasa, Sacyr, S.A. Cavosa, Ute, Mutua Intercomarcal, mutua Accid. Trabajo y Enferm. Profes. da S.S. nº 39.

Avogados: María Montserrat Vázquez Sánchez, María Ángeles Gómez Lage, Javier Balo Couto, Javier García Ferre.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1182/2011-MJC desta Sala, seguido por instancia de José Antonio Moscoso Acuña contra a empresa Elpe Electromecánica, S.L. e outros sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos

Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Antonio Moscoso Acuña contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, do 21 de outubro de 2010, en autos nº 346/2009, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación á empresa Elpe Electromecánica, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de decembro de 2013

A secretaria xudicial