Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial do porto do Grove e A Toxa.

Faise público que a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 13 de decembro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobación inicial do Plan especial do porto do Grove e A Toxa.

Recibido da Consellería do Medio Rural e do Mar o proxecto do Plan especial do Porto do Grove e A Toxa. TM. do Grove, Pontevedra para a súa tramitación.

A Xunta de Goberno Local acorda por unanimidade:

1. Aprobar inicialmente o Plan especial do porto do Grove e A Toxa promovido polo ente público Portos de Galicia.

2. Someter o dito documento ao trámite de información pública por prazo dun mes, contado desde a publicación do correspondente edicto no Diario Oficial de Galicia, e publicar, así mesmo, anuncios en dous xornais dos de maior difusión na provincia e no taboleiro de edictos do Concello do Grove.

3. Ordenar a dilixencia dos documentos.

4. Notificar o presente acordo aos interesados no procedemento.

5. Solicitar os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente.

Durante o período de información pública o documento aprobado poderá ser consultado nas oficinas da secretaría municipal na rúa Cándido Acuña número 3 do Grove en horario laboral e na páxina web do Concello do Grove, www.concellodogrove.com. As alegacións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Grove no mesmo enderezo anteriormente citado».

O Grove, 26 de decembro de 2013

Julia Aida Filgueira Pérez
Alcaldesa accidental