A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Diversey España, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Diversey España, S.L.
3. Datas: do 27 ao 29 de xaneiro de 2014.
4. Lugar de realización: Begano, S.A.
Avda. Alfonso Molina, s/n.
15008 A Coruña.
5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo.
9. Programa:
Día 27.1.2014 |
|
6.00-9.00 h |
Praguicidas e biocidas. Clasificación. Xeneralidades e modo de acción. Lexislación. |
9.00-10.00 h |
Identificación e clasificación dos principais praguicidas. |
10.00-11.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
11.00-12.00 h |
Pragas de roedores. Estudo dos roedores. Raticidas para ratos e ratas. Desratización activa e pasiva. |
12.00-14.00 h |
Pragas de insectos e ácaros. Estudo destes. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos. Control integral de pragas. |
Día 28.1.2014 |
|
6.00-7.00 h |
Desinfección. Produtos usados. Técnicas. |
7.00-8.00 h |
Equipamentos de aplicación. Manexo de equipamentos de tratamento con biocidas. |
8.00-10.00 h |
Praguicidas e ambiente. Problemas que expón. Destrución de envases. |
10.00-12.00 h |
Elaboración dun plan integral de control de pragas dun local, establecemento ou industria alimentaria. |
12.00-14.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 29.1.2014 |
|
9.00-10.00 h |
Equipamentos de protección individual, normas de seguridade no manexo e aplicación de biocidas. |
10.00-12.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
12.00-13.00 h |
Primeiros auxilios no caso de intoxicación. |
13.00-14.00 h |
Exame final. |
10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, no caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Diversey España, S.L.
Datas: do 27 ao 29 de xaneiro de 2014.
Lugar de realización do curso: Begano, S.A.
Avda. Alfonso Molina, s/n.
15008 A Coruña.
Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 6.00 ás 14.00 horas, agás o día 29 de xaneiro de 2014, que será en horario das 9.00 ás 14.00 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes: enviaranse a Diversey España, S.L., r/ Retama, nº 7, piso 7º, 28045 Madrid. Teléfonos: 608 77 30 21/678 64 53 25 ou por correo electrónico: javier.monerris@sealedair.com
Nome e apelidos ...................................................................................................................
NIF/DNI .................................................................................................................................
Enderezo ...............................................................................................................................
CP ............................................................Localidade.............................................................
Teléfono ...................................................Correo electrónico.................................................