Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1771

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Procuradoría.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 20 de setembro de 2013 (publicado no BOE do 15 de novembro pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 24 de outubro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Procuradoría, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Procuradoría

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

54

Prácticas externas obrigatorias

30

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Curso

Carácter

Módulo

Introdución ao Exercicio Profesional e Organización Colexial

4

OB

M01: Introdución ao exercicio profesional e deontoloxía

Deontoloxía Profesional e Réxime de Responsabilidade dos Procuradores

4

OB

Fundamentos da Actuación Profesional do Procurador

4

OB

Organización Xudicial

3

OB

M02: Práctica xurídica procesual

Os Procesos nas Distintas Ordes Xurisdicionais

3

OB

Os Actos Procesuais

3

OB

Actuación Profesional nos Procesos Declarativos e Cautelares I

3

OB

Actuación Profesional nos Procesos Declarativos e Cautelares II

3

OB

Actuación Profesional nos Procesos de Execución I

3

OB

Actuación Profesional nos Procesos de Execución II

3

OB

Efectos Económicos do Proceso

3

OB

Postulación Procesual e Rexistros Públicos

6

OB

M03: Práctica xurídica extraxudicial e novas tecnoloxías

Novas Tecnoloxías e Xestión Profesional

6

OB

Procura e Medios Alternativos de Solución de Conflitos

6

OB

Prácticas Externas en Órganos Xurisdicionais

6

OB

M04: Prácticas externas

Prácticas Externas en Despachos de Procuradores I

12

OB

Prácticas Externas en Despachos de Procuradores II

12

OB

Traballo Fin de Máster

6

OB

M05: Traballo Fin de Máster