Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1767

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xuventude e Sociedade.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 5 de marzo).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xuventude e Sociedade, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Xuventude e Sociedade

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS según tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

36

Prácticas externas obrigatorias

12

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Modelos Teóricos para a Comprensión da Xuventude

3

OB

Módulo I: socioloxía da xuventude

Os Estudos sobre Xuventude e a Metodoloxía para a Produción de Datos

6

OB

Actitudes, Valores e Comportamento Asociativo da Xuventude

3

OB

A Temporalidade nos Mozos: Ocio, Tempo Libre, Consumos e Condutas de Risco

6

OB

Xuventude e Capital Escolar

3

OB

Inserción Laboral e Emancipación

3

OB

Deseño, Implementación e Avaliación de Políticas Públicas para a Xuventude

6

OB

Módulo II: políticas públicas e avaliación

Xestión de Centros para a Xuventude e Servizos de Información Xuvenil

6

OB

Prácticas en Centros de Xuventude

12

OB

Módulo III: prácticum

Traballo Fin de Máster

12

OB

Módulo IV: traballo Fin de Máster