Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a Julio Méndez Fernández a comunicación sobre incompatibilidades emitida en resposta ao seu escrito.

Con data do 9 de decembro de 2013 o director xeral da Función Pública emitiu comunicación en resposta ao escrito presentado por Julio Méndez Fernández, relativo a un presunto incumprimento da normativa de incompatibilidades.

Tentada, dúas veces, a notificación da comunicación, a través do servizo de Correos, no domicilio indicado polo interesado para efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo por ausente na repartición e non retirado no primeiro envío e por descoñecido no segundo.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 59.5, en conexión co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase a Julio Méndez Fernández para ser notificado da comunicación por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública