Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2013/76-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMT, CT e RBT San Lázaro.

Situación: Ribadavia.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 187 m de lonxitude, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×150) mm2 e con orixe na LMT aérea existente (CAS803) ao CT Francelos (32C330) e remate no CT proxectado prefabricado San Lázaro de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. RBT aerosubterránea de 210 m en aéreo con condutor RZ e 114 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT proxectado.

Orzamento: 70.805,88 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 18 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial

anexo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expte. nº: 2013/76. Concello: Ribadavia. Provincia: Ourense.

LMT, CT e RBT San Lázaro.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos, enderezo

Afeccións (pleno dominio)

2

Camiño baixada ao río

Viña

– Juan García Chousán

r/ México, s/n, 36204 Vigo, Pontevedra

CT caseta 24.0 m2