Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de decembro de 2013 pola que se dá traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/152/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar o interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, de conformidade coa proposta da xefa do Servizo Provincial da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Pontevedra, acordou, o 27 de novembro de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes nunha edificación para uso residencial no lugar da Touza, O Quinteiro, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Luis Docampo Iturbe, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística