Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2265

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (720/2011).

Pilar Sánchez González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 720/2011 seguido por instancia de Egasa XXI, S.A. fronte a Inversiones Madimol, S.L., Marina Margas Barciela e Jesús Martínez Fernández ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez, en nome e representación da entidade mercantil Egasa XXI, S.A. contra Marina Margas Barciela, Jesús Martínez Fernández e a entidade mercantil Inversiones Madimol, S.L., déboos condenar e condeno:

a) A Marina Margas Barciela e á entidade Inversiones Madimol, S.L., solidariamente entre si, a aboar á demandante as cantidades de: 1º. 9.131,60 euros en concepto de danos e perdas; 2º. 9.663,85 euros en concepto de parte proporcional do tempo que restaba por cumprir da suma recibida como prima de instalación (14.300 euros); 3º. O xuro legal das devanditas cantidades (18.795,45 euros en total) incrementado en dous puntos desde a data desta resolución; 4º. 1.419,40 euros como importe pendente de devolución do préstamo; 5º. 569,32 euros en concepto de xuros de demora percibidos ata a interposición da demanda respecto da cantidade non devolta do préstamo (1.419,40 euros); 6º. O xuro de demora pactado sobre a suma de 1.419,40 euros desde a interposición da demanda ata o completo pagamento.

b) A Jesús Martínez Fernández a aboar, solidariamente coas anteriores, as cantidades de: 1º. 9.131,60 euros en concepto de danos e perdas; 2º. 8.113,97 euros en concepto de parte proporcional do tempo que restaba por cumprir da suma recibida como prima de instalación (12.000 euros); 3º. Sobre as devanditas cantidades (17.245,57 euros), o xuro legal incrementado en dous puntos desde a data desta resolución.

Todo iso sen facer especial imposición das custas do procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra a interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose os devanditos demandados, Inversiones Madimol, S.L., Marina Margas Barciela e Jesús Martínez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 22 de maio de 2013

A secretaria xudicial