Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 764/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ovidiu Florea contra Forestal Pereira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:
Que, estimando a demanda sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade formulada por Ovidiu Florea contra a empresa Forestal Pereira, S.L., debo declarar e declaro extinguido o contrato de traballo que vinculaba as partes no día de hoxe, condenando as empresas demandadas a aboar ao demandante unha indemnización equivalente a 1.100,22 euros; e, estimando a reclamación de cantidade, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 7.667,99 euros máis o xuro por mora.
E para que sirva de notificación en forma a Forestal Pereira, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.
Lugo, 23 de decembro de 2013
O secretario xudicial