Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Allariz (expediente IN407A 2013/77-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMT peche polígono de Chorente.

Situación: Allariz.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT existente Santan (32CFGO) e remate no PAR existente fronte ao apoio existente HVH-2500-S13-CR1-CA.

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 2OL12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PAR existente e remate no CT Fuxón (32CP05).

Telecontrol en apoio existente 28-15-7.

Orzamento: 89.250,58 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial