Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación do estudo de detalle para a ordenación de volumes en parcelas 11 e 12 da AR-S2.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do día 25 de novembro de 2013, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes en parcelas 11 e 12 da área de repartición AR-S2 Cancelo do Medio, redactado polo arquitecto Alfonso Suárez Alvite por instancia de Francisco Javier Losada López e Maira Suárez Cotelo, e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado conforme o artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. A expresión gráfica queda reflectida no plano de suspensión de licenzas que se xunta.

O expediente sométese a información pública por prazo de vinte días mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, coa finalidade de que o que o desexe poida examinalo e deducir, durante o citado prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas. Simultaneamente, notificaráselles individualmente a todos os propietarios dos terreos afectados.

Lugar de exposición do expediente: secretaría (1º andar Casa do Concello).

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 26 de decembro de 2013

José Manuel López Varela
Alcalde

missing image file