Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2013/275-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS de CT Piñoi á LMTA subderivación Santa Baia.

Situación: Covelo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene RHZ1 de 827 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente Piñoi e final no apoio nº 3 da LMT O Couto Piñoi. A Instalación está situada en Piñoi, Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de decembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra