Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3119

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 30 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), mediante a Orde do 18 de outubro de 2013 (DOG núm. 218, do 14 de novembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de xefatura do Servizo de Intervención de Mercados, con código de posto MR.O13.00.000.15770.037.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar