Por Decreto da Alcaldía do 19 de decembro de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 56/13).
2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de xestoría laboral.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 27.830 € (23.000 € + 4.830 € en concepto de IVE), e un prazo de execución de 1 ano (con prórroga de 1 ano).
5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño,19 de decembro de 2013
José Nelson Santos Argibay
Alcalde