Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica á empresa Materiales Cerámicos, S.A., como interesada, a resolución de desistencia da solicitude de transmisión dos dereitos mineiros que forman o Grupo Mineiro Silán (procedemento IN308A 2013/3, 4, 5, 6 e 7).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a empresa Materiales Cerámicos, S.A. con último domicilio coñecido na rúa Leandro Cucurny, 2, 27780 Burela (Lugo), a resolución de desistencia da solicitude de transmisión dos dereitos mineiros que forman o Grupo Mineiro Silán, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, perante o conselleiro de Economía e Industria, sen prexuízo de calquera outro recurso que estimen pertinente ao seu dereito.

Lugo, 7 de xaneiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo