Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (233/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 233/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Jesús Manuel Vázquez García contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Jesús Manuel Vázquez García e, en consecuencia, condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.658,94 euros, dos cales 3.270,09 euros devindicarán o xuro moratorio do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno a parte demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan en 200 euros. Condénase o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións».

Advírtese a Esabe Vigilancia, S.A. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial