Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3718

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: addenda II ao acordo marco de coordinación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

Obxecto: transferir á Consellería de Traballo e Benestar a cantidade restante ata acadar o 15 % do importe total derivado da xestión do Plan de impulso á contratación de empresas de servizos enerxéticos (Plan 2000 ESEs) na Residencia de Maiores de Oleiros.

Sinatura: 5 de setembro de 2013.

Importe: 123.134,28 €.