Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (459/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 459/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Evangelina Cambeiro del Valle contra a empresa José Luis Álvarez Blanco (La Bodeguilla del Seijo) sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 746/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade 459/2013.

Demandante: María Evangelina Cambeiro del Valle.

Letrado: Sr. Pousada Duarte.

Demandado: empresa José Luis Álvarez Blanco (La Bodeguilla del Seijo).

Sentenza nº 746/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013.

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por María Evangelina Cambeiro del Valle fronte á empresa José Luis Álvarez Blanco (La Bodeguilla del Seijo) e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle á primeira a suma de 2.846,46 euros en concepto de cantidades salariais debidas.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Contra esta sentenza non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a empresa José Luis Álvarez Blanco (La Bodeguilla del Seijo), en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial