Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: estación depuradora de augas residuais e saneamento en Portomouro. Val do Dubra (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.964.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232420-2 e 45232440-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 103, do 31 de maio de 2013.

Orzamento base de licitación: importe neto: 825.741,18 euros. Importe total: 999.146,83 euros.

Data de adxudicación: 18 de decembro de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 715.917,60 euros. Importe total: 866.260,30 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de xaneiro de 2014.

Contratista: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

b) Descrición: mellora da estación de tratamento de auga potable de Bóveda. Fase I. Bóveda (Lugo).

Número de expediente: OH.227.619.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259200-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 103, do 31 de maio de 2013.

Orzamento base de licitación: importe neto: 543.068,71 euros. Importe total: 657.113,14 euros.

Data de adxudicación: 18 de decembro de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 474.044,68 euros. Importe total: 573.594,06 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de xaneiro de 2014.

Contratista: Aqualogy Medio Ambiente, S.A.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos.

En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.4: ampliación e/ou adecuación das estacións de tratamento de augas residuais existentes, construción de novas plantas e posta en marcha e explotación delas, e a indicada coa letra b) encádrase no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia