Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4492

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de decembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a darlle publicidade á resolución ST 9/2013 da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal mediante nomeamento de interinidade, por concurso de méritos, dúas prazas de facultativo especialista da Área de Pneumoloxía.

A Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG número 199, do 15 de outubro) polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal mediante nomeamento de interinidade, por concurso de méritos, de dúas prazas de facultativo especialista de Área de Pneumoloxía.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo.

As solicitudes poderán presentarse nos rexistros da Xestión Integrada de Vigo no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de decembro de 2013

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo