Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se fan públicas varias modificacións, disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Naranxal, SAT nº 1047 XUGA, na asemblea xeral do 15 de outubro de 2013, que ratifica a do 21 de agosto de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta da nova socia Virtudes Pérez Portos. Os socios Manuel Villasenín Pérez, Manuel Villasenín Villaverde e Lucía Villasenín Pérez transmiten 10 títulos cada un deles á pretendida nova socia, pasando a ter 30 títulos, de forma que o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Villasenín Villaverde 860 títulos 51.687,04 € de capital social

Lucía Villasenín Pérez 860 títulos 51.687,04 € de capital social

Manuel Villasenín Pérez 860 títulos 51.687,04 € de capital social

Virtudes Pérez Portos 30 títulos 1.803,04 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

3. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Manuel Villasenín Villaverde, presidente; Lucía Villasenín Pérez, secretaria; Manuel Villasenín Pérez e Virtudes Pérez Portos, como vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación O Campo, SAT nº 1032 XUGA, na asemblea xeral do 22 de outubro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Fidel Dapena Rodríguez, presidente; José Jorge García, secretario, e Eva Leiro Abelairas como vogal.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Os Carrís, SAT nº 1253 XUGA, na asemblea xeral do 10 de decembro de 2012, que ratifica a do 23 de xullo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Ángel Santos Santos, quedando pendente a liquidación deste da súa participación na sociedade.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

3. A modificación do artigo 2 do estatuto, queda pendente da liquidación do socio que causa baixa, ao igual que a distribución dos títulos e o capital social dos restantes socios.

4. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Antonio Villar García, presidente; José Corredoira Busto, secretario; Claudio García Sánchez e Mª Ángela Alicia Río Ramos, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Santa Lucía, SAT nº 1111 XUGA, na acta de asemblea do 22 de xullo de 2013, que ratifica a do 27 de xaneiro de 2012 e a do 8 de febreiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Xosé Manuel Rial Castelo, quedando a liquidación deste pendente da súa participación na sociedade.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por cinco membros.

3. A modificación do artigo 2 do estatuto queda pendente da liquidación do socio que causa baixa, ao igual que a distribución dos títulos e o capital social dos restantes socios, posteriormente á redución e ampliación de capital que realizan diferentes integrantes da sociedade.

4. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Manuel Pérez Abeijón, presidente; María Sofía Rodríguez Veiga, secretaria; Eladia Vidal Rivas, Ramón González Teira e María Josefa Rodríguez Ces, como vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Rey de Miñotelo, SAT nº 1238 XUGA, na asemblea xeral do 13 de setembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Iglesia Iglesia, presidente; José Alberto Iglesia Vila, secretario; Elvira Vila Veiga, como vogal.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Farruquiño, SAT nº 1033 XUGA, na asemblea xeral do 18 de novembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Dosinda Onega Murado, presidenta; Anunciación Rodríguez Lourés, secretaria; Pablo López Rodríguez, como vogal.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Boviporc, SAT nº 1237 XUGA, na asemblea xeral do 18 de novembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Luis Fernández López, presidente; Matilde López Fernández, secretaria; Milagros Fernández López, como vogal.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Xumieira, SAT nº 988 XUGA, na asemblea xeral do 13 de novembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Enrique López Sánchez, presidente; José Manuel Arias Núñez, secretario; Enrique López Carpintero, María Ángeles Carpintero González, María Paz Núñez López e Ignacio Arias Cordero, como vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación San José da Levada, SAT nº 5638, na asemblea xeral do 4 de novembro de 2013, toma os seguintes acordos que eleva a públicos mediante escritura do 12 de novembro de 2013:

1. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto social, de forma que a renovación dos cargos da Xunta Reitora pase a ser cada 6 anos. A renovación parcial con proporcionalidade de cargos será cada tres anos.

2. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Anibal Piñeiro Serodio, presidente; Ricardo Piñeiro Serodio, secretario; Emilio Piñeiro Serodio, tesoreiro; Jaime Piñeiro Serodio e Juan Manuel Piñeiro Serodio, como vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Regueiro Branco, SAT nº 1390 XUGA, na asemblea xeral do 6 de novembro de 2013, que ratifica a do 20 de marzo de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social por parte dos seis socios, nun total de 513.600,00 € de bens mobles, valorados polo correspondente técnico da rama agraria.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José María Villasenín Aparicio 1.306 títulos 130.600,00 € de capital social

Álvaro Sánchez Pernas 2.612 títulos 261.200,00 € de capital social

José Martín García Berdomás 1.948 títulos 194.800,00 € de capital social

María Carmen Sánchez Manteiga 1.306 títulos 130.600,00 € de capital social

María Jesús García Berdomás 664 títulos 66.400,00 € de capital social

Manuel López García 2.612 títulos 261.200,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 1.044.800,00 € e estará representado por 10.448 xustificantes nominativos de 100,00 € cada un deles».

3. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José María Villasenín Aparicio, presidente; Álvaro Sánchez Pernas, secretario; José Martín García Berdomás, María Carmen Sánchez Manteiga, María Jesús García Berdomás e Manuel López García, como vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Paredes, SAT nº 1073 XUGA, na asemblea xeral do 25 de novembro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redución de capital realizada de forma equitativa por todos os socios, por importe total de 153.410,40 €.

2. Aprobar a variación do valor do título, que pasa de 60,11 € a 2,00 €.

Como consecuencia da redución do capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Isabel Ónega Iglesias 660 títulos 1.320,00 € de capital social

Hortensio Ónega Murado 660 títulos 1.320,00 € de capital social

José Antonio García Teijeiro 660 títulos 1.320,00 € de capital social

María Manuela Iglesia Fernández 660 títulos 1.320,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 5.280,00 € e estará representado por 2.640 xustificantes nominativos de 2,00 € cada un deles».

l) A Sociedade Agraria de Transformación Adega Avelina, SAT nº 1089 XUGA, na asemblea xeral do 9 de decembro de 2013, que ratifica as do 15 de xaneiro, e do 24 de outubro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Amancio López Vázquez, presidente; Servando López Vázquez, secretario, e Avelina Vázquez Ferrer, como vogal.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Río Mente, SAT nº 1203 XUGA, na asemblea xeral do 1 de outubro de 2013, toma os seguintes acordos:

Anular as actas das asembleas do 3 de xaneiro de 2011 e do 1 de febreiro de 2013.

Ratificar os acordos tomados na asemblea do 11 de febreiro de 2011.

1. Aprobar a venda de 333 títulos do socio Jesús López Viana a Gestión de Viñedos, S.L., por importe de 20.000,00 €.

2. Aprobar a venda de 333 títulos do socio Juan José Estévez Fernández a Francisco Javier Estévez Fernández, por importe de 20.000,00 €.

3. Aprobar a baixa dos socios Jesús López Viana e Javier Estévez Fernández.

Como consecuencia destas transmisións de títulos e baixa de socios, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Francisco Javier Estévez Fernández 333 titulos 19.980,00 € de capital social

Ana María Estévez Fernández 334 títulos 20.040,00 € de capital social

Gestión de Viñedos, S.L. 333 títulos 19.980,00 € de capital social

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan José Estévez Fernández, presidente; Francisco Javier Estévez Fernández, secretario, y Ana María Estévez Fernández como vogal.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Landeira Ermida, SAT nº 1326 XUGA, na asemblea xeral do 12 de decembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Teodoro Landeira Ameijeiras, presidente; José Luis Landeira Barreiro, secretario, e Manuela Barreiro Allo como vogal.

o) A Sociedade Agraria de Transformación Busto-Corzón, SAT nº 1327 XUGA, na asemblea xeral do 15 de novembro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social por parte dos sete socios da sociedade, por importe de 115.000,00 € en achegas monetarias.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Manuel Antelo Moledo 175 títulos 175.000,00 € de capital social

María Ana Capelo Alvite 103 títulos 103.000,00 € de capital social

María Digna Esperante Romero 154 títulos 154.000,00 € de capital social

José Manuel Fernández Villar 222 títulos 222.000,00 € de capital social

María del Pilar Grille Villar 90 títulos 90.000,00 € de capital social

José Antonio Moledo Esperante 171 títulos 171.000,00 € de capital social

Marta Muíño Guillín 150 títulos 150.000,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 1.065.000,00 € e estará representado por 1.065 xustificantes nominativos de 1.000,00 € cada un deles».

p) A Sociedade Agraria de Transformación Fragueiro, SAT nº 1176 XUGA, na asemblea xeral do 30 de novembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Milagros Varela Fagilde, presidenta; Daniel Torrón Díaz, secretario, e José Manuel Torrón Varela como vogal.

q) A Sociedade Agraria de Transformación Galiplant, SAT nº 870 XUGA, na escritura pública do 19 de novembro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a fusión por absorción de Miño Plantas, SAT nº 1129 XUGA, por parte de Galiplant, SAT nº 870 XUGA.

2. Aprobar a transformación desta sociedade nunha sociedade limitada, é dicir, transformar a Galiplant, SAT nº 870 XUGA en Galiplant Ornamental, S.L.

B) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Ferreira, SAT nº 1313 XUGA, na asemblea xeral do 10 de novembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Jesús Trabada Millares, Jesús Ángel Trabada Dorado e Carmen Dorado Fernández.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Resazós, SAT nº 1147 XUGA, na asemblea xeral do 12 de novembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Fernández Olmos, presidente; José Rodríguez Garrido, secretario; José Antonio Feijoó Ledo, Josefa Lama Lemus, María Castro López, Avelina Gómez Campos e Casimiro Rodríguez Garrido, como vogais.

2. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: José Ferrnández Olmos, José Rodríguez Garrido, Josefa Lama Lemus, María Castro López e Avelina Gómez Campos.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Pedreira, SAT nº 962 XUGA, na asemblea xeral do 4 de novembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: José Luis Carreira Alcaraz, María del Carmen Carreira Alcaraz e Roberto Javier Carreira Alcaraz.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Oubel, SAT nº 1112 XUGA, na asemblea xeral do 12 de decembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: José María Oubel Fernández, Gabriel Oubel Fernández e José Andrés Oubel Fernández en representación dos herdeiros da socia falecida María del Carmen Fernández González.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Val de Traba, SAT nº 1286 XUGA, na asemblea xeral do 11 de decembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: José García Pose, Antonio Lema Pose e María Dolores Castiñeira de la Fuente.

C) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Os Ermitaños, SAT nº 1324 XUGA, na asemblea xeral do 22 de outubro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Oubel, SAT nº 1112 XUGA, na asemblea xeral do 13 de decembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria