Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4488

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 24 de xaneiro de 2014

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico
para o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio específico de colaboración entre o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e a Comunidade Autónoma de Galicia (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia) para o control de fitoplancton tóxico nas rías galegas.

128 000,00 €

12.11.2013