Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4568

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gomesende

ANUNCIO de exposición pública do expediente de delimitación do núcleo rural de Matamá (O Pao).

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ao público o expediente iniciado neste concello por instancia de Olga Álvarez Álvarez, de delimitación do núcleo rural de Matamá (O Pao), polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión no municipio para efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Gomesende, 20 de decembro de 2013

Pura Rodríguez Álvarez
Alcaldesa