Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4624

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2014 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega de
Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello da Laracha

Conservación e mantemento da zona portuaria do porto de Caión

18.9.2013

Non ten

Portos de Galicia, o Concello de Sada e a Fundación de la Ingienería Civil de Galicia

Estudo da alternativa de rexeneración da praia de Sada

20.9.2013

40.000 €

Portos de Galicia, o Concello de Porto do Son e o Real Clube Náutico de Portosín

Celebración do Campionato Mundial Platú 2013 no porto de Portosín

24.9.2013

Non ten

Portos de Galicia e a Confraría de Pescadores de Celeiro

Para a utilización de superficie no edificio da Confraría de Pescadores de Celeiro para usos náuticos

14.11.2013

123.913,34 €

Portos de Galicia e o Concello de Nigrán

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Panxón no seu conxunto e na ordenación do tráfico na vía de acceso

20.11.2013

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son

Realización da obra de urbanización do porto de Portosín

17.12.2013

Non ten