Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2013/129).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Enderezo: rúa José Ángel Valente, nº 17 local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: mellora LMT San Antonio-Bazaqueira.

Situación: concello de Oza-Cesuras.

Características técnicas:

Paso aéreo: San Antonio-Bazaqueira.

Inicio de liña (UTM): apoio nº 20 existente de tipo HV-12/1000 que se substituirá por novo apoio de tipo HVH-15/2500 de la LMT San Antonio-Bazaqueira (expediente 379/2004) (UTM: 559.817; 4777.110).

Final de liña (UTM): apoio nº 29 existente de tipo C-16/3000 da LMT San Antonio-Bazaqueira (expediente 379/2004) (UTM: 560.600; 4777.870).

Longitude: 1.091 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: PAS-50 proxectado.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña