Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 714/2013, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela por instancia de Patricia Duarte Suárez e dez máis.

Patricia Duarte Suárez, María Isabel Calle Ares, Ana María Carrera Fortes, Rosa María Novoa Vázquez, Letizia María Aguado Casasola, Paula Carreiro Prieto, Cristina Moure Fraga, Óscar Rodríguez García, Susana Moure Fraga, María Olga Novo Presa e Marta Outomouro Rodríguez interpuxeron recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento abreviado 714/2013 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Orde do 16 de outubro de 2013, do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro, pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación. En concreto, o dito recurso contencioso-administrativo diríxese contra as epígrafes 1.1, 1.2 e 4 do baremo de méritos que se recolle no anexo XIV desa orde.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través deste anuncio notifícase a interposición do dito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos