Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Niñodaguia-Serantes, 2º sector (Santiso-A Coruña).

Despois de publicar o acordo de concentración parcelaria da zona de Niñodaguia-Serantes, 2º sector (Santiso-A Coruña) e resoltos todos os recursos de alzada interpostos contra el, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios con data do 20 de decembro.

Todas as persoas interesadas tomarán posesión dos seus terreos obrigatoriamente.

Se algún propietario non permitir a toma de posesión dos novos predios no prazo que se indica neste aviso, será apercibido e logo será obxecto de compulsión directa (artigo 45 da antedita lei), ademais de imporlle as sancións económicas que procedan, conforme o disposto nos artigos 69 e seguintes dela.

Os interesados poderán reclamar sobre as diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais que se contarán a partir da data en que os predios se poñan ao seu dipor (artigo 46). Deberán achegar coa reclamación ditame pericial visado polo colexio correspondente.

Os prazos para a toma de posesión son os seguintes:

a) Labradíos sen colleita pendente, prados e pastos: o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveren pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios, recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses que se contarán desde a publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia, logo da petición ao Servizo de Montes do preceptivo permiso e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no caso de seren especies autóctonas protexidas; sen prexuízo das demais autorizacións que legalmente procedan.

Así mesmo, deberán adoptarse as medidas relativas á prevención de incendios forestais previstas na lexislación vixente.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña