Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a adxudicación do contrato, tramitado mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de mantemento do edificio e instalacións da EGAP.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: 1380256.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19421

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento do Edificio Administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 50800000-3: servizos de mantemento.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de setembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 83.000 € (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 41.500 €. Importe total: 50.215 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10 de decembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 14 de decembro de 2013.

c) Contratista: Eulen, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 35.990 €. Importe total: 43.547,90 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública