Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5526

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e de relixión evanxélica, no nivel de infantil e primaria e no de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería, aberto mediante a Resolución do 28 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de decembro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e de relixión evanxélica, no nivel de infantil e primaria e no de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería, procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas por medio deste anuncio, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) a relación provisional de excluídos e as puntuacións provisionais do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e de relixión evanxélica, no nivel de infantil e primaria e no de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería.

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisional poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos