Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5523

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2014 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Addenda número 3 ao convenio asinado o día 14.4.2010 entre a Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., polo que se regula a bonificación da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57).

3.245.719,42

3.9.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Arteixo para o traslado da pasarela peonil afectada polas obras de acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509.

125.000,00

4.9.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, o Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria da Coruña para a construción da vía subterránea no peirao do Parrote.

12.000.000,00

9.9.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lourenzá para a mellora das beirarrúas de acceso ao Colexio Público Juan Rey.

5.895,74

3.10.2013

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Culleredo para a execución de beirarrúas e a recollida de pluviais na estrada AC-215 Fonteculler (AC-211)-O Portádego (N-550).

170.000,00

26.12.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Coruña para a execución do enlace da terceira rolda coa autovía AC-14 nas Lonzas.

9.449.374,93

27.12.2013

Addenda número 1 ao convenio de colaboración asinado o 16.4.2013 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación Provincial de Ourense para a mellora de firme na OU-0514, vía principal do polígono de San Cibrao das Viñas, do p.q. 2+800 ao p.q. 3+310, no termo municipal de San Cibrao das Viñas.

120.000,00

27.12.2013