Con data do 22 de novembro de 2013, a xefa territorial de Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2013138TA-OU, incoado a Diego Sánchez Lois, titular do Pub Galigolo, con DNI 76734658B, e domicilio na rúa Baixa de Flores, 18, 32500 O Carballiño (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no nº5 do referido artigo, notifícaselle a Diego Sánchez Lois o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade, con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Novagalicia Banco-Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 17 de xaneiro de 2014
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2013138TA-OU.
Interesado: Diego Sánchez Lois.
DNI/NIF/CIF: 76734658B.
Último enderezo coñecido: rúa Baixa de Flores, 18, 32500 O Carballiño.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: setenta e cinco euros (75,00 €).