Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6200

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 27 de xaneiro de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, anunciado pola Orde do 15 de novembro de 2013.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante a Orde do 15 de novembro de 2013 (DOG núm. 229, do 29 de novembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2º e 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no artigo 21 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo.

Segundo. O cesamento no destino actual da persoa que obtiver a praza producirase na data en que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería publicada no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, segundo o Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o artigo 14.4 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa, así como a daquel en que obteña praza, realizará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso postestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Antonio Aguarón Turrientes.

NRP: 1310669024 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: superior de administración xeral da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura da área provincial.

Nivel: 28.

Código do posto: MA.S99.10.000.32001.001.

Complemento específico: 13.698,72.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Ourense.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego).