Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6210

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (1027/2012).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Dilensa, S.L. fronte a Jazz Fitness, S.L. ditouse sentenza o 23 de decembro de 2013. Contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días; esta encóntrase á disposición do demandado nas dependencias deste xulgado, para os efectos oportunos.

E encontrándose a devandita demandada, Jazz Fitness, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 27 de decembro de 2013

A secretaria xudicial