Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6119

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 16 de maio de 2013.

Por Orde do 16 de maio de 2013 (DOG do 21 de maio), regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo durante o ano 2013.

O artigo 10 establece que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará o anuncio de exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno, no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2013, prazo outubro, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, Oficina de Atención ao Cidadán, e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria