Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6206

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3731/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3731/2013 desta sección, en que foi recorrente Daniel González Loren e recorridos María Estévez Fernández, a empresa Branco e Limpio, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato, se ditou sentenza con data do 17 de xaneiro de 2015, coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos desestimando o recurso de suplicación interposto por Daniel González Loren contra a sentenza do 17 de decembro de 2012, do Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada no xuízo promovido por instancia de María Estévez Fernández contra o recorrente e a entidade mercantil Branco e Limpio, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, sen custas, xa que non se impugnou o recurso de suplicación.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en forma á empresa Branco e Limpio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial