Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 20 de decembro de 2013 (DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2014), ao cal foron convocados os funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 8 de xaneiro de 2014.
Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
Anexo
Acceso libre
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Niv. |
Subgupo |
Corpo/ escala |
Denominación |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Titulación requirida |
Formación específica |
34260198L |
Mateo Macía, Mateo |
12 |
INC991000036001055 |
22 |
A2 |
Especial |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IN |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial Pontevedra |
Pontevedra |
Enx. Técn. Industrial |
|
32764510K |
Mosquera Naveira, Pedro |
14 |
INO110020015001020 |
22 |
A2 |
Especial |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IN |
Instituto Galego de Consumo (Xerencia) |
Laboratorio de Consumo de Galicia (A Coruña) |
A Coruña |
Enx. Técn. Industrial |
Experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos (mérito) |
34927819L |
Aceiro Pérez, Joaquín |
13 |
INC991000036001056 |
22 |
A2 |
Especial |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IN |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial Pontevedra |
Pontevedra |
Enx. Técn. Industrial |
|
33331788G |
Rodríguez Vázquez, Álvaro |
10 |
INC991000027001031 |
22 |
A2 |
Especial |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IN |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial Lugo |
Lugo |
Enx. Técn. Industrial |
|
07964378F |
Vega Riveiro, Rafael |
(*) |
INC050000315770030 |
28 |
A1, A2 |
Especial |
Xefatura Servizo Metroloxía e Laborator. Oficiais |
IN |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas |
S. X. de Admon. Industrial |
Santiago de Compostela |
Enx. Industrial, Enx. Téc. Industrial, Enx. Minas, Enx. Téc. Minas |
|
52497164D |
Insua López, Juan Benito |
5 |
INC050000315770016 |
22 |
A2 |
Especial |
Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas |
IN |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas |
S. X. de Admon. Industrial |
Santiago de Compostela |
Enx. Técn. Industrial |
(*) Orde do 25 de abril de 2011 (DOG número 89, do 9 de maio) pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación.