Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 6/2014).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT por reinstalación de pasarela peonil na rotonda de Sabón.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión subterránea GRN-708, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,126 km, coa orixe en paso aero-subterráneo que se realizará en apoio nº 45-2 existente da LMT. GRN-708 (expediente 70/2013), no tramo da derivada a os CC.TT. Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV.-3(1×240) AL, e final no paso aero-subterráneo que se realizará en apoio nº 45-2-1 proxectado que se intercalará na LMT. GRN-708, no tramo da derivada aos CC.TT. Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña