Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre fábrica artesanal de cervexa e cervexaría.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Alberto Gómez Trabazos solicita licenza de obra e apertura para fábrica artesanal de cervexa e cervexaría no local sito na rúa do Bellao, nº 2, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que considere oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de novembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde