Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 10 de outubro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 54 sito no Irixo, relativo ao proxecto 01201 (expediente 2012/000695).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula a Hros. Delmiro Lorenzo Gamallo o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 10 de outubro de 2013, que fixa o prezo xusto do predio número 54 sito no Irixo, relativo ao proxecto 01201, expediente 2012/000695, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01201-LMT, CT, RBT Valduíde-Ramil-Lousado. Exp. IN407A 08/037-3 AT. TM O Irixo.

Nº expediente: 2012/000695.

Persoas a quen se notificará: herdeiros Delmiro Lorenzo Gamallo.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense.

Expropiado: Hros. Delmiro Lorenzo Gamallo.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 54.

Concello: O Irixo.

Provincia: Ourense.

Valoración resolución do Xurado: 74,43 €.